Nesta páxina relacionamos algúns recuros de interese sobre a lingua, como gramáticas, dicionarios, normas ortográficas…Se ten algunha cuesión que nos facer, déixenos o seu comentario ou contacte connosco
.
Normas ortográficas
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego
Documento en formato .pdf que recolle as normas ortográficas e morfolóxicas do galego, aprobadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 2003.
Cambios nos textos das normas ortográficas
Documento do Consello da Cultura Galega que recolle as principais mudanzas das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego a respecto das anteriores de 1995.
Gramática e morfosintaxe
Cuestións sobre a gramática do galego
Sección da páxina web Loia do Consello da Cultura Galega que achega algunhas cuestións sobre a morfosintaxe do galego
Morfosintaxe do galego
Páxina web do Instituto da Lingua Galega sobre a morfosintaxe do galego
Manuais e guías de estilo
Criterios lingüísticos da Universidade da Coruña
Estes dous manuais do Servizo de Normalización Lingüística, para alén de expor os criterios lingüísticos da institución, tamén resolven algunhas dúbidas canto á redacción en galego.
Criterios lingúísticos da Universidade de Santiago de Compostela
Breve guía de estilo da USC
Dicionarios e vocabularios na rede
Dicionario de galego Ir Indo
Até agora, o Dicionario de galego Ir Indo é o máis completo publicado na rede, pois recolle máis de 65 000 entradas. Está adaptado a nova normativa e ofrece a definición, a etimiloxía e a versión en castelán, inglés e portugués de cada entrada.
Novas palabras galegas: repertorio de creacións léxicas rexistradas na prensa e na internet
Vocabulario en pdf realizado por Susana López Fernández e publicado pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo
Dicionario galego da RAG
Dicionario de galego da Real Academia Galega. Non está adaptado á normativa de 2003
Galizionario
Dicionario de galego do proxecto Wikipedia. Carece de rigor científico máis pode ser útil
Vocabulario ortográfico da lingua galega
Versión electrónica do Volga da Real Academia Galega
Dicionarios terminolóxicos especializados
Páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da USC onde achará unha relación de dicionarios terminolóxicos especializados


